Vendaval traslada a súa preocupación pola estación da Ruña ó alcalde de Corcubión

Representantes da Asociación Vendaval Costa da Morte reuníronse co alcalde de Corcubión, Javier Domínguez Traba, que na actualidade ocupa a presidencia da Mancomunidade de Fisterra “para mostrarlle a súa preocupación pola calidade da auga que consome a veciñanza dos concellos que conforman esta Mancomunidade”.

Desde Vendaval expresaron a súa oposición o proxecto de construción dunha estación de bombeo no Monte da Ruña e a súa inquedanza polas “consecuencias medioambientais e patrimoniais, das que tanto asociacións como Adega están a informar ou mesmo o catedrático Vidal Romaní polo desastre ecolóxico que suporía, a destrución do último glaciar rochoso existente na Costa Atlántica galega, outra delas, e a máis importante para a nosa saúde, é a contaminación das augas froito desta obra”.

Segundo Vendaval, o alcalde Javier Domínguez Traba(BNG) que estivo acompañado polo concelleiro Francisco Santiago López, mostrouse “en todo momento a preocupación pola gravidade do tema e comprometéronse a informar a veciñanza e a organizar xornadas formativas sobre as consecuencias que terá a construción deste proxecto na Ruña”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos