Abarrote de xente na primeira festa ‘Ponte Friki’, no polideportivo da Ponte do Porto. Una iniciativa organizada polo Concello de Camariñas e a Asociación PonteDisfraz presidida por Cristina Blanco. Un evento que ten visos de calar entre a mocidade da comarca.
Grupos de rapazas con traxes de anime e videoxogos, tamén familias enteiras animaron as rúas porteñas e o centro deportivo. O Sábado rematou a xornada as nove da noite cunha Festa Friki musical. Houbo concursos como o de Mario Kart. Os tres premios foron por esta orde para Brandomil: César Carballo Vilas, Bruno García Vilas e Daniel Carballo Vilas.
O domingo continuo a festa todo o día, con actividades relacionadas coa cultura ‘friki’, xaponesa, gaming (videoxogos), cosplay (difraces de personaxes de series, películas, anime, manga ou videoxogos), debuxo, artesáns.
O pavillón contou con varios espazos onde realizar diferentes actividades: stands onde os artistas e artesáns venderon os seus produtos; unha zona onde xogar a videoxogos (cun apartado de xogos indie, creados por xente nova que está comezando desde cero e que se poderán probar para darlles suxerencias); obradoiros (para aprender a crear sables de luz de Star Wars, creación de pezas con Lego, escribir o teu nome en xaponés, creación dun terrario Pokeball…); un escenario con charlas de diversos temas (VTubers, psicoloxía no anime, itinerario para viaxar a Xapón, concurso de Cosplay, Kpop…); e diversas actividades de ocio (paintball, Escape Room, xogo de rol a gran escala, xogos de mesa, duelos de sables de luz…).