Desde o PSOE de Muxía comparten o dato dun remanente dun 1,5 millóns de euros coñecido dun informe da intervención municipal.
Segundo os socialistas este dato entra en contradicción co “falso argumento de ruina económica do concello”, un dos argumentos para promover a moción de censura.
“Este dato, xunto ás cifras de arqueo económico que deron os técnicos na propia sesión plenaria da moción de censura, na que informaban da existencia de 2.2 millons nas contas municipais en outubro do 2024 non fan máis que acrecentar a indignación de parte da veciñanza ao sentirse engañados polo actual goberno municipal, que basaron a moción de censura en mentiras e medias verdades para conseguir desbancar ao socialista Iago Toba” manifestan nun comunicado de prensa.
Mentira do actual mandatario
Critican que “o Alcalde Javier Sar, que segue desaparecido seis meses despois de acceder a alcaldía visualizandose a parálisis total que está a sufrir Muxia en todos os eidos”.
Neste senso o portavoz socialista Iago Toba comenta: “Cáusanos gran sorpresa que un dato tan positivo para Muxía e os seus veciños como que a cifra de remanente sexa de mais de un millón e medio de euros e que o goberno muxián non o queira facer público o máis axiña posible como o resto de concellos, pero entendemos que ten que ser duro presumir dun remanente que sae dunha liquidación nunha etapa gobernada polos socialistas e que se descubra a mentira do actual mandatario que en sesión plenaria afirmou que non superarían os 200.000€”.