9.2 C
Santa Comba
sábado, abril 19, 2025

Muxía recuperará a fonte da Igrexa coa axuda da Xunta

O Concello de Muxía vén de recibir unha subvención da Xunta de Galicia por importe de 21.410,36 € para levar a cabo a recuperación da fonte da Igrexa.

Esta axuda, concedida a través da liña de subvencións para concellos de ata 10.000 habitantes, permitirá executar a actuación sen custo para as arcas municipais, ao estar financiada ao 100%.

Segundo o goberno local é “a primeira vez que Muxía accede a este tipo de subvencións, o que supón un avance na recuperación e conservación do patrimonio local”.

Explican que “a fonte da Igrexa é un elemento histórico de grande valor para a veciñanza e a súa restauración mellorará tanto a súa funcionalidade como a integración no espazo público”.

Desde o concello de Muxía celebran a consecución desta axuda e destacan “a importancia de continuar traballando para captar novos fondos que permitan a posta en valor do patrimonio e a mellora das infraestruturas municipais”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos