O PSOE de Muxía alerta do “malestar que están manifestando as familias de Muxía, que denuncian recortes e falta de empatía” por parte do goberno bipartito muxián en relación os plans de conciliación e campamentos que “ non cumpren o obxetivo para os que son formulados”.
Segundo Iago Toba “o goberno bipartito negaba a existencia de protestas e un descontento das familias cos novos plans de conciliación e campamentos, e agora volve haber ese malestar, polo que emprazamos ao goberno a que volva aos plans que ofrecíamos os socialistas sendo concelleira Olalla Benlloch”.
Critican que o goberno presidido por Javier Sar “non pensa nos pais e nais de familias que viven nas parroquias que si se descontan os tempos de transporte e a pouca duración dos campamentos non cumplen en ningún caso o obxectivo de conciliación”.
Os socialistas explocan que “este problema grave sucedeu no Nadal, no que xa se denunciaron estos feitos, pero repetíronse en Entroido, e todo fai pensar que sucederá en Semana Santa se o goberno non rectifica”.
Desconfían dun futuro copago
Están convencidos que “este non é máis que o paso previo do goberno de Sar para nun futuro obrigar as familias a facer un copago do servizo e incluso do endurecemento das condicións para acceder aos plans de conciliación”.
Critican que coa postura do BNG “apoiando a delegación de prezos públicos na Xunta de goberno local o goberno de Sar e Vilela teñen as mans libres para facelo e repercutir gastos ás familias.

