O colectivo ecoloxista ADEGA solicitou a caducidade dos proxectos de centrais de bombeo desde o Río Xallas ata o Monte da Ruña(Mazaricos).
Advirten que a lei establece un prazo máximo de 18 meses para que neste caso, Augas de Galicia resolva un expediente de concesión de augas e “dado que a día de hoxe o organismo substantivo encargado de tramitar a concesión aínda non resolveu sobre dito concurso, este procedemento debería considerarse caducado e as solicitudes desestimadas” sinalan desde a entidade ecoloxista.
«Estender o secuestro do Río Xallas»
ADEGA lembra que é parte interesada neste procedemento de concesión e presentou unha solicitude de augas co obxectivo de “reclamar para usos ambientais e de abastecemento público o mesmo volume de auga que solicitaban ambas as dúas eléctricas, e ter acceso ao expediente”.
Á marxe da caducidade do procedemento desde ADEGA alertan que estos novos proxectos “suporía alongar o mal estado desta masa de auga e comprometer a traída de moitos concellos, alén de estender o secuestro do Xallas polo encoro de Santa Uxía (as empresas solicitan 75 anos de concesión) até o ano 2099”


