10.3 C
Santa Comba
miércoles, marzo 12, 2025

Alberto Romar: “A verdade é que Alfonso Rueda atendeume moi ben”

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, destacou o éxito da Exposición de Cans de Caza celebrada en Santa Comba xa que “pasaron máis de mil persoas polo recinto feiral de Santa Comba e de todos os puntos de Galicia”.

E felicitou a todas as persoas que colaboraron. Enmarcou esta actividade na política de organizar actividades no municipio: “Santa Comba o que necesita é atraer xente en eventos. E que dar a noraboa aos cazadores porque realmente,crean economía en Santa Comba” precisou Romar.

Sobre as críticas defendeu que foi un evento dentro da legalidade e cumprindo as normativas: “Eu creo que temos que seguir adiante con este tipo de eventos e non amedrentarnos como se fixo algún concello por este tipo de presión. Gustaríame que xente que critica visitara un evento para ver que realmente as cousas se fan ben”. Confirmou que haberá unha terceira edición.

Entrevista con Alfonso Rueda

Nunha entrevista en Radio Xallas, valorou positivamente a xuntanza que mantivo co Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao que lle solicitou varias cousas pero unha moi concreta: “Unha das cousas que quería conseguir era que me abrira as portas das consellerías, para trasladar esas peticións que temos”.

“A verdade que me atendeu moi ben” asegurou Romar que agarda que as boas palabras se traduzan en feitos, e valorou a posta en marcha do servizo de radioloxía, ou o proxecto de reforma do Barrié de la Maza.

Lamenta a actuación de María Pose en Radio Xallas

O mandatario xalleiro opinou sobre a entrevista na que participou a portavoz do PP, María Pose, a que acusou de “mentir sistematicamente”, censurando tamén a actitude cara o director da emisora.


“Gustoume que viñera a Radio Xallas pero non me gustou como acabou a entrevista, ese enfrontamento que tivo, á túa persoa. Creo que a escoitou todo o mundo”.


Romar animou a María Pose a volver á radio municipal “pero sobre todo vir con un pouco de consenso, baixo o meu punto de vista, intentar dicir algunha verdade de vez en cando, polo menos, e sobre todo non enfrontarse co director da radio municipal, que se buscamos unha radio que sexa imparcial, non a poden manexar os políticos”.


Afondou no tema: “Está claro que a radio municipal a pagan os representantes políticos, cos fondos da xente, pero se queremos interceder en todo, como se fixo aquí, antes das eleccións, e despois, inda por encima, facemos pasar mal s momentos aos traballadores municipais, apaga e vámonos”.


Neste senso pensa que“a señora Pose ten tempo de baixarse un pouco o barro e pedir certas desculpas, e a min gustaríame que pedira desculpas públicas, non a min, pero si ao traballo que se fai na radio municipal”.

Outros temas

Tamén rexeitou as referencias da actual portavoz do PP. “A concentración parcelaria de Freixeiro non a conseguiu a señora Pose, conseguírona os veciños insistindo durante moitísimos anos a todos os alcaldes”.


Tamén se referiu a reforma do CEIP Barrié de la Maza e valorou o papel de nais, e pais, directivas da ANPA, da dirección do centro e do persoal docente. “Toda a cronoloxía pódese revisar con cun clic de ordenador”. Lembrou tamén as iniciativas presentadas polo PSOE no Parlamento de Galicia e tamén polo BNG.


Sobre a actualidade municipal sinalou que “estamos moi centrados” nos investimentos de 3,5 millóns de euros que se executarán nos vindeiros meses: “É a maior partida, polo que me trasladan a min os técnicos municipales encargados diso, desde o ano 85”.

Entrevista a Alberto Romar en Radio Xallas- Desde o minuto 15

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,110SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos