10.3 C
Santa Comba
lunes, marzo 10, 2025

“O Noso Canto” unha mensaxe coral feminina creada por Belém Tajes

A compositora de “O Noso Canto” é unha artista con raíces na Costa da Morte, Belém Tajes (Arou) que se encargou da letra e da música deste proxecto impulsado pola Xunta de Galicia e no que participan máis de 30 artistas galega que “ únense para simbolizar toda a forza interxeracional do feminismo baixo un único sentir: a igualdade de xénero”.

As voces principais son Rosa Cedrón, Uxía Senlle, Lucía Pérez, Sabela Ramil e Yoly Saa.

Cooperan nos coros Nastasia Zürcher, Carolina Rubirosa, Ana Moas, Claudia Abril, Catuxa Salom, Icia Varela, Sara Nebra, Leticia Rey, Sara Gimeno, Genara Méndez e o Coro de Voces Brancas (Aroa, María, Amelia, Celtia, Aitana, Grecia).

No apartado musical aparecen as “Adufeiras de Slitre” Bea Mariño, Carolina Vázquez, María Pardo, e Iria López, cos pandeiros.

Tamén María Jorge (Caldo) co violín, e Anaïs Barbiera coa pandeireta, Sabela Caamaño(acordeón) e Antía Ameixeiras (violín), do dúo Caamaño&Ameixeiras e Bea Martínez, coa arpa céltica.

O equipo técnico está tamén formado por mulleres, Road Ramos (produtora), Salomé Limón (enxeñeira de son e masterización), Ana Díez e Sara García (axudantes de produción).

Unha desas mulleres é Genara Méndez, veciña de Arou– Camariñas e avoa da Belém Tajes.

ENLACE AO PROXECTO O NOSO CANTO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos