Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron a sufocar un incendio nunha casa abandonada na rúa Ventorrillo, no Concello de Malpica de Bergantiños.
O equipo do parque provincial procedeu a extinguir as lapas desde o exterior debido a que consideraron que a estrutura interior e as vigas de madeira do teito non garantían a seguridade e podían colapsar.
Cando se conseguiu baixar a carga térmica, e logo de comprobar a estabilidade da estrutura, os bombeiros do parque Provincial de Carballo destacados ao lugar dos feitos procederon a acceder ao interior da vivenda para retirar partes da madeira esparexida e, desta forma, extinguir os focos activos.
Unha vez extinguido o incendio o equipo destacado no lugar continuou coas tarefas de refrixerado da estrutura e comprobou os posibles danos que o incendio podería ter causado nas vivendas lindeiras.
A consecuencia do incendio resultaron afectados por a carga térmica varios cristais dos pisos do edificio nº 26 da rúa Ventorrillo, mais o penal do edificio La Fuente. Os bombeiros do parque Provincial de Carballo revisaron o interior dos pisos que daban para o penal e concluíron que non resultaron afectados.
Descoñécense as causas que provocaron o incendio que carecía de electricidade. A consecuencia do incendio resultou afectada toda a estrutura do teito da casa que chegou a colapsarse parcialmente. Tamén resultaron afectados os restos de madeira do interior da vivenda.
Participou no operativo o GES de Ponteceso.
Info e fotos- Consorcio Provincial