10.3 C
Santa Comba
lunes, marzo 10, 2025

“En Muxía cero obras” critican desde o PSOE

O PSOE denuncia a falta de obras en Muxía. A reflexión do portavoz local é directa:

“Ao final, os veciños e veciñas están comprobando como a moción de censura foi unha manobra de conveniencia entre PP, BNG e Javier Sar, no que antepuxeron os seus intereses particulares aos intereses de Muxía para acabar ofrecendo loitas de poder internas, parálisis, falta de mantemento e falta de iniciativas ambiciosas” .

Desde o grupo municipal socialista denuncia que o novo goberno bipartito de PP e Independentes leva iniciadas “cero obras” durante o mandato que iniciaron fai xa medio ano logo da moción de censura.

Obras pendentes de executar

Esixen os socialistas muxiáns que “xa que o goberno de Javier Sar non é capaz de sacar obras novas, polo menos que inicien de forma inmediata as obras que estaban listas para executar” que estaban aprobadas polo executivo socialista.

E citan os accesos ao núcleo de Merexo así como a vía de acceso á zona de piscifactorías e porto con 160.000€; a obra de construcción de nova vía de San Martiño de Ozón a Cebrans e Añobres cunha inversión de preto de 250.000€; a depuradora de Quintans así como a pista Polideportiva do mesmo núcleo (máis de 200.000€); a terceira fase dos caminos interiores e saneamento de Frixe con máis de 155.000€ “que veñen a sumarse aos dous anteriores tamen executados no período socialista”; unha senda peonil na Praia do Lago de máis de 30.000€; novo firme en aglomerado da vía que une Xurarantes coa estrada de Lourido.

“Temos un Alcalde ausente e sen equipo, que ademáis é o responsable da concellería de obras pero está máis pendiente das zancadillas que a súa tenente alcalde Sandra Vilela lle ofrece todos os días que en sacar o traballo adiante” sentencia Iago Toba

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos