Eliseo da Mina é un exemplo de vitalidade e un auténtico cartafol de anécdotas e experiencias. Recentemente celebrou o seu 70 aniversario nupcial cun xantar no Restaurante Leandro de Santa Comba.
Eliseo Mourelle e Anuncia Brenlla son matrimonio desde aquela voda celebrada en Rial (Coristanco) a que asistiron 32 personas. Ben se lembran daquel xantar cunha cabra.
A historia común de Eliseo e Anuncia comezou e San Salvador. Alí coñecéronse un 6 de agosto. E ata hoxe.

Son datas para celebrar e así o fixeron rodeados da familia. Xa celebraran o 50 aniversario e agora tocou brindar polos 70 anos .
Eliseo Mourelle Rial foi un dos grandes emprendedores que seguiron o rastro do wolframio, fundador da Canteira da Mina, homenaxeado pola súa traxectoria desde a asociación de empresarios no 2009. Unha intensa biografía que daría para unha ampla reportaxe. Pero hoxe o que nos toca e felicitar a Eliseo e a Anuncia. Parabéns.



