O PP votou en contra dos orzamentos de Camariñas. A portavoz popular, Paula Mouzo Mas, lamentou que “son uns presupostos decepcionantes e pouco ambiciosos” dun goberno socialista sen “un proxecto que reactive a economía do concello”.
Menos investimentos e abandono das parroquias
Alertou de que o concello está “ cerca de baixar dos 5.000 habitantes e eso pode ser un golpe moi duro para Camariñas”.
Mouzo tamén critica que as contas reflexan unha redución da partida de inversións con respecto ao último orzamento aprobado, de 2022.
Tamén xustifica o voto en contra do PP “pola falta de ilusión destas contas, de propostas, dun plan de inversións que atendan as necesidades das nosas parroquias”.

Licitacións pendentes e gastos pouco detallados
Lembrou que seguen servizos sen licitar cando “o informe de intervención reitera o que nos vimos pedindo continuamente. Que teñen que licitar os servicios para unha correcta xestión dos recursos”.
Fixo mención os anuncios feitos polo goberno local sobre a licitación do SAF ou Aldea Madeira que qedouse “todo en palabras”.
Os populares tamén indican que “non se contou con nós” e que no orzamento “hai partidas pouco detalladas. Miles de euros en gastos de protocolo en diferentes apartados. Gastos diversos, outros gastos, outros servicios etc. Son uns presupostos que fixeron para cumprir o expediente, porque da muito o cante un goberno con maioría absoluta e sen orzamentos”.
Engade a Paula Mouzo que Camariñas é “un concello que perde poboación, cunha deuda enorme, sen unha proposta de futuro”.
E que non poden contar co apoio do PP porque “non se recollen demandas que levamos no noso programa electoral nin outras que vimos propoñendo aquí”.
«Non cumpren nin co seu programa»
“Non cumpren nin co seu programa” declarou Mouzo poñendo exemplos: “Había dous obxetivos marcados como prioritarios no seu programa e que nos tamén levamos no noso, e que non aparecen. Nin a creación de solo industrial nin a mellora da vía de Camelle a Arou”.
Desde o PP de Camariñas consideran que se necesitan “ideas novas” para a Mostra do Encaixe, un plan de melloras nas parroquias, e recriminan o olvido do legado de Man e de atender a vías en mal estado nas distintas parroquias.
“Botamos de menos uns orzamentos máis atractivos, que recolleran ideas dos demáis grupos, e serviran para cambiar a tendencia negativa que sigue este concello” engaden nun comunicado de prensa.



