Un incendio afecta a tres colectores en Carballo

Sufocado un incendio que afectou a tres colectores da parroquia de San Xoán Bautista, no concello de Carballo

Efectivos do Parque Provincial de Bombeiros de Carballo sufocaron, durante esta madrugada, un lume que se orixinara en tres colectores da rúa Venus, na parroquia de San Xoán Bautista, no concello de Carballo.   

Á súa chegada ao lugar, arredor da 1:50 horas, o persoal realizou unha inspección perimetral na que se comprobou que as chamas afectaban unicamente aos contedores, non habendo outros elementos danados. Os bombeiros procederon a extinguir o fogo e a mollar e arrefriar un cuarto colector que ardía por un dos laterais.

Na intervención estivo presente, ademais, a Policía Local de Carballo.   

NOTA E FOTOS- CONSORCIO PROVINCIAL

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos