10.3 C
Santa Comba
viernes, febrero 13, 2026

O PSOE de Muxía denuncia o uso fraudulento dunha subvención da Xunta

O PSOE de Muxía anuncia que denunciará na Consellería de Medio Rural “o uso fraudulento dunha subvención” por parte do actual goberno de Muxía.

Sinalan que unha achega “denominada APROL” que foi concedida antes da moción de censura utilizouse “indebidamente e conscientemente” a pesar das advertencias escritas da oposición “feito que non obtivo resposta por parte do goberno nin sequera corrección dos feitos denunciados, pois seguiron facendo un uso indebido das tarefas marcadas pola subvención”.

«Desorde organizativo»

Para os socialistas isto non é máis que unha mostra do “desorde organizativo” do goberno

“Temos un goberno máis preocupado en facer oposición á única oposición real que existe en Muxía, que somos os socialista, que en gobernar e facer accións de goberno que beneficien á veciñanza. Tanto PP como Independentes, e por suposto BNG, que é o partido comodín do goberno, teñen que asumir que agora teñen outra responsabilidade e por tanto, deixar de obsesionarse co grupo socialista e pensar en traballar algo. En preto de catro meses, iniciaron cero obras no municipio, e ese é un problema gordo” declara o portavoz Iago Toba Campaña.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos