Rescatan a un condutor que bateu co seu coche contra un Tanatorio en Carballo

Rescatado un condutor tras bater co seu coche contra o tanatorio de Santa Marta na rotonda de Bértoa, no concello de Carballo

Os bombeiros do parque comarcal de Carballo interviron este sábado pola tarde nun accidente de tráfico próximo á rotonda de Bértoa (AC-552), no concello de Carballo.

Recibiron o aviso dun accidente de tráfico con posibles atrapados ás 19:55 horas. Un coche saírase da vía chocando posteriormente contra a fachada lateral do tanatorio Santa Marta. O condutor do vehículo, e único ocupante, atopábase no interior inconsciente. Coa axuda do persoal do 061 mobilízase a vítima ata unha ambulancia, onde foi estabilizado para posteriormente ser trasladado ao CHUAC.

Interviron a Policía Local e Protección Civil de Carballo.

NOTA E FOTO- CONSORCIO PROVINCIAL

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos