Dumbría prepara un Entroido con gancho

O concello de Dumbría prepara un “Entroido con gancho” con máis de 2.500 euros en premios, no concurso que se celebrará o domingo 2 de marzo no Pavillón do Conco.

É unha das grandes citas do Entroido na Costa da Morte. As comparsas que queiran participar teñen ata o xoves 27 de febreiro de 2025 ás 15:00h, para inscribirse nas oficinas municipais do consistorio de Dumbría.

Os premios para o concurso de comparsas e disfraz individual son os seguintes:

-1o clasificado: 1.200 €

-2o clasificado: 700 €

-3o clasificado: 500 €

-Un premio de 150 € , ó disfraz individual máis orixinal.

As comparsas estarán compostas por un mínimo de 10 compoñentes e terán que realizar unha actuación “ ben sexan coplas, bailes ou representacións, e que teña unha duración entre 5 e 20 minutos”, gardando unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na súa actuación.

A concentración de comparsas terá lugar ás 17,00 na praza do Concello de Dumbría. Haberá un pasarrúas ata o pavillón polideportivo, lugar onde se levarán a cabo as actuacións.

Haberá agasallos para as crianzas disfrazadas, animación musical e moita diversión como ven sendo habitual nestas terras habitadas polo Vákner.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos