O Partido Popular de Camariñas que presentará no vindeiro pleno “varias iniciativas para visibilizar e pedir solucións diante do estado de abandono do lugar de Dor”, na parroquia de Ponte do Porto.
Os populares confirmaron nunha visita ao lugar que “hai deficiencias que o goberno local debería solucionar canto antes”.

Citan o caso de dúas fontes “ que se deberían poñer en valor”, vías de comunicación e camiños en mal estado e zonas cubertas de maleza.
Un exemplo son dúas fontes que hai no lugar, que se deberían poñer en valor e que se encontran invadidas pola maleza e sen darlle utilidade.
“É un símbolo de deixadez preocupante polo que desde o PP solicitamos que se visite este lugar e se adopten medidas. Dor é outro exemplo da falta de atención as nosas parroquias” sinalan desde o grupo liderado por Paula Mouzo Mas.


