11.4 C
Santa Comba
miércoles, febrero 4, 2026

Incidencias en Carballo e A Laracha

Solicitude de entrada nun domicilio por unha persoa que precisa asistencia sanitaria, no Concello de Carballo

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo reciben unha solicitude de entrada nun domicilio por unha persoa que precisa asistencia sanitaria na rúa Alfredos Brañas, no Concello de Carballo.

Na chegada ao piso localizan a un home de idade avanzada caído no cuarto de baño pero consciente, manifestando que leva dende o día anterior nesa situación.

Finalmente os técnicos da ambulancia decidiron trasladalo a un centro sanitario para valoración.

No punto estaba unha ambulancia de SVB, un membro do SMPC Carballo, unha patrulla da Garda Civil e a Policía Local.

Incendio nun colector de lixo na rúa Manuel Fraga Iribarne, no Concello da Laracha

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo son informados dun incendio nun colector de lixo na rúa Manuel Fraga Iribarne, no Concello da Laracha.

Na chegada ao lugar do incidente observan que se trata dun colector de lixo que acaba de ser extinguido por un voluntario de Protección Civil.

Descoñécese a orixe do lume, que non causou máis danos que os do propio colector.

Logo da extinción das chamas comprobouse que a situación quedou totalmente controlado.

INFORMACIÓN E FOTOGRAFÍAS- CONSORCIO PROVINCIAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos