O portavoz de UCIN, José Luis Calo considera que «A mellora da comunicación das comarcas de Xallas e Bergantiños con Santiago e coa Coruña, ou a necesidade de mellorar a sinalización e a visibilidade deben de ser o obxectivo da Xunta de Galicia».
Consideran que se debe favorecer a conectividade do medio rural e aseguran que Colectivos empresariais, transportistas, estudantes, entidades veciñais, coinciden en que as conexións viarias e o transporte público é «moi mellorable» con servizos que eviten o rodeo de quilómetros, a través de liñas directas.
Califican a a xestión da Xunta no transporte público «é desastrosa, peor imposible”. E lamentan que a comunicación con Santiago “é como fai corenta anos”.

