8.1 C
Santa Comba
viernes, enero 31, 2025

Unanimidade na aprobación do Plan Único en Vimianzo

Aprobouse tamén a obra de renovación do campo de fútbol municipal de Vimianzo.

A corporación do concello de Vimianzo celebrou un pleno onde se aprobou coa unanimidade de todos os grupos políticos dedicar a totalidade da partida económica do Plan Único da Deputación da Coruña a obras, así como aprobouse a renovación do campo de fútbol municipal de Vimianzo.

En total, serán 1.241.524,92 euros os que se adicarán a melloras das infraestruturas Dentro das obras previstas, realizarase a pavimentación da estrada municipal de Tufións (138.475,82 euros), a pavimentación do núcleo de Sanfíns (80.077,83 euros), o arranxo de rúas e rede de saneamento no núcleo do Sisto (166.000 euros), a mellora do viario Carnio-Serramo (179.465,92 euros), a ampliación e mellora da praza de Calo (198.922,17 euros), a mellora dun viario en Reparada (210.839,90 euros) e a mellora do viario Carnés-Vilar (97.132,33 euros). A Administración local achegará 42.000 euros de fondos propios para poder realizar as sete intervencións.

No Plan Complementario inclúense as intervencións de pavimentación en varios viarios de Sansobre, cun investimento de 170.610,96 euros.

Renovación do campo de fútbol municipal

Aprobouse tamén a obra de renovación do campo de fútbol municipal de Vimianzo, un proxecto que conta cun orzamento de 480.075,92 euros no que se contempla un novo tapiz, a mellora das reixas do perímetro do terreo de xogo, a mellora das bocas de rego e a ampliación e reforma da cantina. Esta obra non está incluída no Plan Único da Deputación da Coruña.

“O proxecto que vemos hoxe é froito do consenso e de escoitar a quen debemos: ás persoas usuarias desta instalación”, destaca o edil de Deportes Sergio Miñones.

Esta semana a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, facía balance en Radio Xallas.

Entrevista a Mónica Rodríguez desde o minuto 22

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos