9.7 C
Santa Comba
sábado, enero 31, 2026

‘MiraQvistas’: os concellos de Vimianzo e Dumbría unen forzas en Fitur

Os concellos de Vimianzo e Dumbría presentarán conxuntamente a campaña ‘MiraQvistas’ no stand de Turespaña durante a Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebra esta semana en Madrid. A presentación terá lugar o xoves 23 de xaneiro, ás 17:50 horas, nun evento que destacará dous dos miradoiros máis representativos da Costa da Morte: o recentemente inaugurado miradoiro de Cereixo e o emblemático miradoiro do Ézaro.

A iniciativa busca poñer en valor a singularidade destas localizacións, situadas nas desembocaduras de ríos e que ofrecen panorámicas privilexiadas ao mar. O miradoiro de Cereixo, situado en Vimianzo, destaca como unha nova estrutura que xa apunta a converterse en referente turístico, mentres que o miradoiro do Ézaro, en Dumbría, é amplamente recoñecido pola súa famosa cascada que desemboca directamente no océano.

Ézaro

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, subliñou a importancia de aproveitar esta oportunidade para promover o miradoiro de Cereixo: “É unha estrutura desde a que podemos gozar dunhas vistas excepcionais. Este é un paso máis para consolidalo como miradoiro Starlight, dado o seu potencial para a observación astronómica”.

Pola súa parte, o alcalde de Dumbría, Raúl González, destacou a colaboración entre os dous municipios como clave para fortalecer o atractivo turístico da Costa da Morte. “A unión é fundamental para posicionar esta zona como un destino único, natural e cheo de experiencias. Estamos convencidos de que as nosas vistas non deixarán indiferentes a ninguén”, sinalou.

A presentación en Fitur incluirá detalles sobre a campaña ‘MiraQvistas’ e sobre as marabillas naturais destes espazos, buscando consolidar a Costa da Morte como un destino turístico de referencia tanto a nivel nacional como internacional.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos