10.3 C
Santa Comba
domingo, febrero 15, 2026

O PSOE denuncia que o goberno muxián provocou un “caos informativo”

O envío de cartas asinadas polo alcalde de Muxía nas que se declaraba a nulidade das notificacións sobre a xestión da biomasa provocou a reacción do PSOE muxián que denuncia un “caos informativo” entre os veciños.

Os socialistas aseguran que” o goberno estivo enviando cartas aos veciños rmadas polo alcalde Javier Sar, e amedrentando aos veciños con posibles sancións de gran envergadura sen comprobar a información que nelas se indicaba e dando indicacións erroneas e falsas do proceder para evitar multas”.

«A nulidade non existe como tal»

E agora “ante a avalancha” se comunique “que son nulas cando realmente é unha mentira”.

O portavoz socialista, Iago Toba, manifesta que esta “contradicción” provoca inquedanza veciñal e que segundo as súas consultas “a nulidade non existe como tal e o que realmente se comunicou é unha revisión da situación, polo que pode darse o caso de que un vecino que lle chegara unha carta, coa revisión, se manteña a notificación tendo que actuar e en cambio haxa veciños que queden nun limbo informativo se o criterio cambia”.

O PSOE ofrece asesoramente ós veciños

Toba aconsella aos veciños “que se dirixan ao concello e soliciten un documento firmado polo novo Alcalde Javier Sar, que especifique concretamente a nulidade da comunicación chegada aos veciños implicados”.

Desde o PSOE ofrecen o seu asesoramento ós veciños.

“Estamos aquí para axudar aos veciños, tal e como dixemos sempre, e estando no goberno ou na oposición, o noso deber e axudar a veciñanza ante as inxustizas que se poidan presentar” indican.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos