10.9 C
Santa Comba
martes, enero 14, 2025

Pleno Extraordinario en Santa Comba. Recoñecemento a José Manuel Arufe Rieiro

Santa Comba celebra un pleno extraordinario este venres con dous asuntos na orde do día. O primeiro é a aprobación do POS 2025 para gastos sociais extraordinarios.

O segundo punto será a proposta de recoñecemento a José Manuel Arufe Rieiro, alcalde de Santa Comba entre 1979 e 1991, consistente na concesión da Medalla de Ouro do concello, o nomeamento de fillo predilecto e a designación da praza arborada do campo da feira co nome do Sr. Arufe, que tamén foi Vicepresidente da Deputación coruñesa.

A través das redes sociais, o alcalde Alberto Romar, adiantou que “a homenaxe realizarase nunha data por designar coincidindo coa obra que se realizará en dita zona durante os meses de verán”.

En maio de 2024, Romar xa avanzara nun pleno esta idea. Agora debe ser aprobada no pleno que comezará este venres ás 15,00h.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos