8.1 C
Santa Comba
martes, enero 14, 2025

O PSOE denuncia que o goberno de Muxía perdeu máis de 150.000 euros en subvencións

O PSOE de Muxía denuncia que o novo goberno IxM-PP “leva perdidos máis de 150.000€ en inversións para o concello de Muxía en só tres meses de goberno” o que para este grupo é unha mostra de “incapacidade para xestionar proxectos”.

No relatorio de subvencións perdidas destacan “a execución dunha nova estrada en aglomerado en Senande, camiño da depuradora na zona baixa do núcleo ou a construcción do camiño rústico á Fonte de Ozón, unhas obras que sobrepasaban os 80.000 euros”.

Critican que “só tiñan que executar” estas obras pero “foron incapaces de sacar adiante porque estaban en plena negociación de reparto de despachos e soldos en vez de facer un seguemento das obras que estaban en marcha”.

Os socialistas sinalan que estaban en proceso de licitación outras actuacións como a obra de pintado de sinalización horizontal no núcleo muxián por valor de 27.000€ ou a “sustitución de lucernarios e arranxo de cuberta da Biblioteca Santiago Rey Fernandez-Latorre” cun importe de 26.000€.

Desde a formación liderada por Iago Toba recriminan o actual goberno que se perder o obradoiro “Xuventude con Talento”.

Foto difundida polo PSOE de Muxía

O PSOE reivindícase como a única oposición

E afirman que o problema está nas guerras internas no goberno bipartito pero que para o PSOE é un goberno tripartito no que inclúen ao BNG “o partido comodín do goberno de dereitas”.

Explican que son “o único partido da oposición e que está traballando na defensa dos intereses dos muxiáns, pois os demáis representantes políticos comportanse como un tripartito, pactando as preguntas nos plenos, reuníndose de costas ao pobo para acordar subidas de impostos, taxas e de prezos publicos e cun BNG comodín e sumiso, plegado aos intereses particulares e coa cabeza gacha pola traizón aos seus ideales, ao seu electorado, e a veciñanza en xeral”.

“Os ataques continuos e completamente coordinados de PP, BNG e IxM á miña persona e ao meu equipo o que denota é o medo que teñen ao apoio que estamos tendo na rúa, e o medo a medirse nas urnas con nos, pois eles son conscientes de que so chegan ao poder vendendo os votos dos seus votantes e a vontade dun pobo por intereses particulares” declara Iago Toba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos