10.9 C
Santa Comba
martes, enero 14, 2025

José Manuel Pequeño Castro: “A política nunca a deixas”

Hai persoas que aínda non estando na primeira liña política deixan un ronsel tan grande que é imposible non referirse a elas con frecuencia.

Un deses exemplos é José Manuel Pequeño Castro, histórico alcalde Dumbría, ex deputado provincial, impulsor de Neria e tantas outras cousas.

«GÚSTAME DAR IDEAS, APORTAR E VER POR ONDE SE PODEN ENCAMIÑAR AS COUSAS»

José Manuel Pequeño, un animal político

Non está nesa pasarela política pero tampouco rexeita botar unha man se o necesitan.

“A política nunca a deixas. Deixei de estar no concello e de levar os problemas dos veciños para casa, pero a política non. E aporto a quen mo pida porque me gusta dar ideas e ver por onde se poden encamiñar as cousas”.

Expresouse deste xeito nunha conversa en Radio Xallas, onde reflexionou sobre diferentes cuestións.

Desde os tempos da Asociación Neria ata as épocas da moción de censura contra José Manuel Romay Beccaría na Deputación coruñesa.

“Nesta Casa da Cultura de Santa Comba tiven unha vivencia política moi forte” lembra.

Dumbría, un concello punteiro

Falou da súa Dumbría e da súa Costa da Morte como un matrimonio indisoluble:

“Puxemos a Dumbría no mapa internacional a través da Costa da Morte. Esa era a intencionalidade. Nunca entendín Dumbría sen a Costa da Morte nin a Costa da Morte sen Dumbría”.

Un municipio que destacou: “Dumbría marcou un antes e un despois.Hai concellos que copian a forma de pavimentación dos nosos lugares. E pídenlle os técnicos que nos fixeron os proxectos queren unha pavimentación como a de Dumbría”.

E desde unha base complicada:”Somos referentes, pasamos de non ser nada e non ter identidade, a que a xente presuma de Dumbría”.

Alcalde en diferentes etapas

Pequeño Castro foi alcalde en distintas etapas. Nos anos 80 tan cheos de entusiasmo e de limitacións ata hai pouco tempo.

“Son épocas totalmente distintas. Antes eran tantas as necesidades que non necesitabas pensar. Non había alumeado público, nin teléfonos, pobos incomunicados sen estradas, nin traídas de auga. Estaba todo por facer”.

Despois cambiou a historia:

“Nos anos 90 ou 95 acabou a época da farola. Agora necesítanse proxectos. Aínda que moitas veces parece que a xente está máis pendente das redes sociais”.

Para o veterano político un dos grandes secretos está no que pode parecer moi simple: “Pensar, hai que pensar”.

O Camiño Fisterra-Muxía, Patrimonio da Humanidade

Outro dos temas que tratou nesta entrevista “Na Encrucillada” foi o Camiño Xacobeo. Desde os inicios, onde salientou o esforzo do conselleiro Vázquez Portomeñe ata o traballo que se está desenvolvendo.

“O peregrino non é un turista necesita limpeza material, física e mental. Por iso, hai que coidar o Camiño. E delimitalo para que ninguén nos veña a mover os marcos”.

E a partir de aí loitar porque sexa “patrimonio da humanidade” xa que “este Camiño que ten cantidade de nomes, que chega a fin do mundo, é un patrimonio inmaterial que temos que poñer en valor”.

Deputado provincial e político prezado

Tamén fixo referencia a súa etapa como deputado provincial e responsable de Vías de Obras onde “fixemos proxectos e arregláronse estradas en todos os concellos. Penso que ningún alcalde pode dicir que non se fixeron obras no seu concello”. Agradeceu o apoio do presidente Valentín González Formoso “que sempre me reforzou nas decisións que tiña no meu departamento”.

Tamén agradeceu as palabras de recoñecemento que tivo o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun dos seus últimos actos como alcalde.E o cariño de tantas persoas que participaron na homenaxe popular que lle renderon.

«Foi moi emotivo ver xente de todas as cores política na miña homenaxe»

“Viuse que non era un tema político. Ían por Pequeño. Grandes amigos, Xente de todas as cores. Había alcaldes do PP e o mellor non estaban todos os alcaldes do PSOE da Costa da Morte. Foi moi emotivo”.

Conversar con José Manuel Pequeño é un pracer pero ao mesmo tempo sempre deixa un certo malestar por deixar preguntas ni tinteiro.

A súa é unha historia dun monstro que nos agarda nos montes da memoria para a nosa loita entre o ben e o mal (Vákner), dun cemiterio de cores, de titáns sobre dúas rodas preto dunha cascada que redobra como un tambor, dun equipo de fútbol creado desde cero. A historia de Pequeño dá para un libro…..

Entrevista a Pequeño Castro desde o minuto 60

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos