Os bombeiros do parque Provincial de Santa Comba foron requiridos ás 12:20 horas deste mediodía para participar nun operativo causado por un accidente de tráfico na avenida de Santiago, no concello de Santa Comba.
A incidencia foi provocada por unha colisión fronto – lateral entre dous turismos na AC-406 . Unha vez que as persoas dos vehículos implicados se atopaban fóra do lugar do accidente o operativo despregado polos bombeiros provinciais consistiu na colaboración para retirar os vehículos e en tarefas de limpado na vía.
Completaron o operativo a Policía Local de Santa Comba, Protección Civil de Santa Comba e o 061 de Negreira.
Información- Consorcio Provincial
FOTO- ARCHIVO
Nota– Informan que houbo un ferido que foi trasladado a un centro hospitalario.