A parroquia de Santa Sabiña , no concello de Santa Comba, celebra este vindeiro sábado 11 de xaneiro, a verbena aprazada o pasado domingo por mor das inclemencias meteorolóxicas.
Actuará o Grupo Fussión que xa amenizou a sesión vermú do Día de Reis. Tamén actuaron Os Santa Combers
As dúas citas formaban parte do cartel das festas de San Xulián.
O sábado, xunto co grupo Fussion estará a discoteca móbil Mini-CDC. Todo nunha carpa pechada climatizada.

