11.6 C
Santa Comba
miércoles, enero 15, 2025

Morre logo de sufrir unha descarga eléctrica en Laxe

Un traballador perdeu a vida logo de sufrir unha descarga eléctrica en Laxe

Os servizos de emerxencias non puideron facer nada por salvarlle a vida.

O accidente aconteceu vinte minutos antes das 12:00 horas. Segundo a información que recolleu o 112 Galicia, unha persoa sufrira unha descarga eléctrica provinte dun farol, na rúa do Sol.

Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Laxe.

Os servizos de emerxencias acudiron ata a zona para efectuar o rescate da persoa, pois atopábase na cesta dunha grúa telescópica, a uns sete metros de altura.

Foi preciso o uso dun guindastre para baixar á vítima, pero nada se puido facer por evitar o seu falecemento.

INFORMACIÓN-AXEGA 112

FOTO-ARQUIVO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos