O BNG de Vimianzo denuncia o uso partidista do boletín municipal

O BNG de Vimianzo denuncia que o boletín municipal supón un despilfarro por parte dun goberno local que fai un “uso partidista” desta publicación.

“Este folleto propagandístico, ademais de supoñer un gasto innecesario e que ningún veciño ou veciña ten demandado, non ten outro obxectivo que facer propaganda ao goberno municipal” manifesta o portavoz municipal, Benxamín Queiro.

Desde o BNG considera que hai partes da publicación que poden vulnerar a lei 29/2005 de publicidade e propaganda institucional, que prohibe expresamente financiar con cartos públicos calquera publicación con contidos deliberadamente orientados a exaltar ao grupo de goberno.

Queiro opina que “os fondos públicos usados para o boletín municipal poderían ser invertidos noutras cuestións máis necesarias para a veciñanza”.

Explicou que “desde o BNG condenamos enerxicamente este acto de despilfarro do diñeiro de todos e todas, ao tempo que tachamos de intolerable esta actuación por parte da rexedora municipal”.

Así mesmo, o portavoz de grupo nacionalista lembrou que os grupos políticos municipais reciben mensualmente unha cantidade que poden empregar para o fin que estimen oportuno. “Instamos á alcaldesa a que, se desexa facerse publicidade e autobombo, o faga cos cartos do seu partido e non cos de todos os veciños e veciñas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos