8.3 C
Santa Comba
sábado, diciembre 21, 2024

Incendio dun vehículo no Concello da Laracha que foi roubado

Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron sufocar o incendio dun vehículo na estrada que vai de Lemaio ao Polígono Industrial no Concello da Laracha.

Ao chegar ao lugar dos feitos non se atopou a ninguén, nin as posibles persoas ocupantes do vehículo, nin a que deu a alerta.

Os bombeiros do parque Provincial de Carballo procederon á extinción do incendio no vehículo que estaba ardendo por completo. Empregouse auga e escuma de baixa expansión. Confirmouse, logo da extinción, que dentro do vehículo tampouco había ninguén.

Neste momento descoñécese a orixe do lume que afectou ao vehículo (quedou totalmente queimado) e a unha pequena porción de vexetación situada pola parte lateral do coche.

Completou o operativo a Garda Civil que comprobou que o vehículo tiña sido roubado cinco días antes.

Información e foto-Consorcio Provincial

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos