5.5 C
Santa Comba
miércoles, enero 15, 2025

Nadal no concello de Mazaricos 2024

O Concello de Mazaricos organiza un ano máis un completo programa de Nadal co que convida a toda a veciñanza a vivir estas festas en comunidade e presumindo do noso. Espectáculos, exposicións e actividades infantís xúntanse no programa cos clásicos destas datas, como a Carreira do Leite, o Brinde Leiteiro e a gran Tractorada de Reis.

A Casa de Cultura acolle este ano, e durante toda a tempada de festas, unha fantástica exposición de beléns artesáns, obra do veciño de Olveira Gumersindo Capelo. Centos de pezas feitas a man ao longo dos anos, utilizando todo tipo de materiais, que dan mostra dunha gran creatividade e capacidade técnica. As pezas, que poden visitarse de luns a venres pola mañá, non deixarán a ninguén indiferente.

Un ano máis, o Concello ofrece un completo programa de conciliación para as familias, dentro da iniciativa Conciliamos no Nadal. As nenas e nenos de infantil e primaria desfrutarán de actividades moi especiais os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, así como os 2, 3 e 7 de xaneiro, de 9h da mañá a 14:30h.

O próximo sábado, 21 de decembro, a Escola de Música Moderna de Mazaricos celebra o tradicional festival de Nadal. Será ás 12h da mañá na Casa de Cultura con entrada libre, ofrecendo un recital para toda a veciñanza.

O xoves 26, a partir das 5 da tarde, o recinto feiral da Picota acollerá unha festa infantil chea de diversión. A rapazada poderá xogar nun fantástico parque de inchables e haberá unha chea de sorpresas.

O domingo 29 de decembro, a Casa de Cultura acolle dende as 5 da tarde o espectáculo CRUNCH 2. Volven con novas aventuras os superheroes Spunk e Scrunch con circo, clown, malabares, saltos mortais, golpes e caídas a eito. A entrada é libre.

O día 31 chega un dos eventos máis especiais do ano coa celebración, a partir das 16:30h da tarde, da VII Carreira do Leite de Mazaricos. Este ano contará con catro categorías: xatiños (nenas e nenos nados de 2016 a 2020), becerros (entre 2012 e 2015), xovencas (de 2008 a 2011) e vacas (persoas nacidas ata o ano 2007). A inscrición pode levarse a cabo no formulario habilitado a tal efecto antes da medianoite do luns 30 de decembro.

Ao remate, dende as 18h, terá lugar a entrega de premios e celebrarase a oitava edición do Brinde Leiteiro. Neste evento, ao que se convida un ano máis a toda a veciñanza, brindarase con este produto tan importante para Mazaricos, o primeiro produtor de Galicia.

As festas chegan á súa fin o 5 de xaneiro coa tradicional Gran Tractorada de Reis. As súas maxestades os Reis Magos de Oriente volven percorrer as rúas de Mazaricos e rematan o seu itinerario no recinto feiral da Picota, nunha gran festa con agasallos para toda a rapazada e onde se poderá desfrutar dunha deliciosa chocolatada para todas as persoas asistentes.  

Nota de prensa do concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos