9.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 5, 2026

Anxo Ares: un xalleiro no concurso “Salvaxe” da TVG

Anxo Ares é un veciño dos Amenzóns, na parroquia de Freixeiro que participa no concurso “Salvaxe” da TVG

“O mellor desta experiencia é o cariño da xente coa que tratei aquí, e todo o equipo técnico. Eu procurei estar ben con todo o mundo, disfrutei con todo o mundo” sinalaba nunha entrevista no programa Na Encrucillada de Radio Xallas.

Unha boa experiencia coas súas cousas: “Sempre hai algún roce e ten que habelos porque a tensión aumenta e tamén hai con quen tes máis afinidade”.

Iso si, ao chegar quedou un pouco sorprendido: “Dixen onde me fun a meter. Ves xente deportista, preparadísima, forte e estiven tentado a renunciar”.

Pero seguiu adiante e aí está neste reality de aventuras presentado por María Lamela.

Boa convivencia e o tempo que parece máis longo

No concurso, Anxo Ares confesa que “o tempo alí faise longo” e a pesar de estar tanto tempo coa mesma xente “quedei sorprendido da convivencia que tivemos, houbo momentos así algo tontos, pero quedei sorprendido da boa convivencia”.

Sobre as probas indica que “algunhas poden parecer de chiste pero hai que estar dentro”.

Co cansancio acumulado, coa comida escasa, as veces xorden preguntas: “As veces dicía como podemos facer isto, pero tiñamos esa forza”

Sobre o avance do concurso afirma:”Hai momentos máis divertidos, tamén máis duros e serios. A competición vai aumentando e hai que ir afinando e meter caña”.

E reflexiona: ”E aínda que estamos en equipos hai que darse de conta que o premio é individual e único. E están os cribados. Creo que hai xente que non se dá conta de que hai que pensar por un mesmo”.

Son pensamentos que compartiu este veciño de Freixeiro en Radio Xallas: “Son o máis vello de todos, doutra xeración e penso diferente en cousas”.

A entrevista completa aquí desde o minuto 57

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos