5.3 C
Santa Comba
martes, enero 14, 2025

O PP aclara:“O concello de Camariñas non solicitou ningún Obradoiro Dual” nesta edición

//Rectifica as declaracións da alcaldesa// Non houbo un sexto Obradoiro Dual porque non se solicitou// Agradecen o apoio da Xunta que concedeu cinco obradoiros deste tipo en anualidades anteriores//

O Partido Popular de Camariñas saíu ao paso dunhas declaracións da alcaldesa socialista de Camariñas, Sandra Insua Rial, despois da clausura do Obradoiro de Emprego compartido con Vimianzo e Muxía nas que lamentaba que «a Xunta decidiu non concedernos unha sexta edición, tal e como era a nosa intención».

Non tardou en responder o PP que incluíu esta afirmación nas “continuas manobras de intoxicación informativa” por parte dunha rexedora “máis preocupada en facer oposición á Xunta de Galicia que de gobernar o concello de Camariñas”.

Os populares aclaran que o concello de Camariñas “non solicitou ningún Obradoiro Dual” nesta edición. Polo tanto sería imposible a concesión do mesmo. Si o ten pedido e foille aprobado durante cinco edicións.

Desde a formación que lidera Paula Mouzo Mas explicaron que “presentouse unha solicitude de Obradoiro de Emprego Xuvenil pero neste caso o proxecto presentado, no que participou o noso concello, non reuniu a puntuación suficiente, como si o fixeron outros concellos de diferente signo político na provincia”.

Desde o PP pídenlle ao goberno do PSOE de Camariñas e a súa alcaldesa “que traballen para presentar propostas atractivas” e aproveitan para agradecer “o apoio da Xunta de Galicia no eido da formación e o emprego, que permitiu a celebración de distintos Obradoiros que beneficiaron a veciñ@s de Camariñas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos