3.6 C
Santa Comba
miércoles, enero 15, 2025

Vimianzo volve a contar cunha pista de xeo natural

O concello de Vimianzo volve a ser un atractivo comarcal coa súa pista de xeo natural que se inaugura este venres 13 de decembro ás 19:00h. Estará operativa ata o 7 de xaneiro.

Este venres ata as 20:00h a entrada será libre.

Para o resto do tempo pódese reservar entrada deste esta ligazón. A entrada é de 5 euros. Inclúe patíns e terá unha duración de 45 minutos. Tamén se ofrece un “Bonoxeo”.

Horario da pista de xeo de Vimianzo

A instalación estará operativa de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 23:00 horas (última sesión ás 22:00 horas).

Dentro dese horario establécense as seguintes excepcións:

Do día 16 ata o 19 de decembro o horario será exclusivo de tarde, de 17:00 a 20:00 horas (última sesión ás 19:00 horas).

O día 20 estará dispoñible de 16:00 a 23:00 horas (última sesión ás 22:00 horas).

Os días 24 e 31 de decembro a pista pechará ás 20:00 horas e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro a pista abrirá só de tarde, a partir das 17:00 horas.

Declaracións de Mónica Rodríguez

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que “é todo un orgullo volver ofrecer aos nosos veciños e veciñas, e a moitos visitantes doutros lugares, unha pista de xeo natural, un dos principais atractivos da nosa programación de Nadal”.

Ademais, indicou que “contamos con monitores e monitoras que xa levan anos traballando con nós e aos que lle quero agradecer o seu esforzo e implicación”.

Por último, salientou que “é un atractivo para grandes e pequenos que se complementa cun recuncho gastronómico no que a xente pode gozar de actividades culturais, do sorteo de mercabolas, comida e moito máis”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos