Programación de Nadal do Concello de Dumbría.
O concello de Dumbría organiza conexións con Papa Noel desde as cinco aulas de informática do municipio desde as 16 ás 20h os seguintes días:
Venres 13 – O Conco
Luns 16 – O Ézaro
Martes 17 – Olveira
Mércores 18 – Buxantes
Xoves 19 – Berdeogas
Tamén, nesas datas. haberá talleres de manualidades infantís en madeira, con Muxiarte de de 18 a 19 h. E a rapazada poderá entregar as súas cartas ós Reis Magos nas Casas Culturais.
O luns 23 de decembro haberá un Festival Infantil no Conco. De 11:00 a 17:30h. Con Xogos, música, manualidades, pintacaras, chapas, globoflexia, fotomatón, visita de Papá Noel, xantar, transporte,… e con The Show Moscón, (Duende Sico) e Notas de cores (Garabatos).
É “imprescindible” entregar solicitude para a festa antes do 20 de decembro no concello ou nas casas culturais.
Nas casas culturais (Olveira, Berdeogas, Buxantes e O Ézaro) impartiranse talleres de manualidades, cociña e xogos de mesa polas mañás de 10 a 14h e polas tardes no Conco de 16 a 20 h.
O concello tamén promove varias actuacións nos seráns. Ás 19:30h.
Xoves 26 O ÉZARO Títeres. Tarabelos
Venres 27 BUXANTES Títeres. Cascanueces
Luns 30 OLVEIRA Maxia. Mago Teto
Xoves 2 O CONCO Maxia. Mago Paco
Venres 3 BERDEOGAS Actuación/Obradoiro. CircoNov.
E o domingo 5 de xaneiro está prevista a visita dos Reis Magos ás Casas Culturais. Horarios
16:00h Berdeogas
16:30h Olveira
17:00h Buxantes
17:40 h O Ézaro
18:20 h Bustelo
18:40 h O Conco