O artista mazaricán Christian Pensado foi o gañador do concurso da Canción do Nadal da CRTVG, co seu tema “Luz xigante”
Segundo informaron desde o medio público autonómico, esta canción “será a melodía coa que os medios públicos felicitarán as festas a todos os galegos e galegas este 2024”.
O xurado elixiu por unanimidade o tema de Christian Pensdo “que cumpre con todos os requisitos para ser unha canción top do Nadal”.O artista recibirá un premio económico de 1.500 euros.
Nunha entrevista en Radio Xallas hai uns meses o intérprete anunciaba que estaba ultimando o lanzamento do seu primeiro disco, despois de ter compartido interesantes composicións nas plataformas dixitais e nas redes sociais.