”Estou máis contento do que me imaxinaba cando entrei en política”

Alberto Romar en Radio Xallas. Escoita a entrevista desde o inicio

O alcalde de Santa Comba participou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas onde presentou o programa de Nadal municipal e anunciou unha batería de licitacións para os vindeiros meses.

Ademais fixo balance deste ano que remata. Está contento polo traballo feito coa preocupación de non poder atender a tódalas demandas.

“Estou máis contento do que me imaxinaba cando entrei en política” declarou o alcalde, que lembra que leva ano e medio na alcaldía: “Entendo que a xente pida. E imos facer a maioría das cousas pero pídolle a xente que me dea un pouco de marxe”.

A entrevista de Alberto Romar en titulares

Sobre os plenos

“A política é un xogo. En realidade os grupos políticos que están representados no pleno de Santa Comba no 90% das veces queremos o mesmo, pero se a un grupo político lle vai ben, a outro lle vai mal”

Críticas en redes sociais

“Eu son máis partidario de publicar as cousas cando se fan. A igual que desmentir esta serie de críticas de perfiles falsos. Para que vas investir tempo levando un ano e medio, e quedando dous anos e medio para as seguintes eleccións, para que vas investir tempo en desmentir cousas que son para facer dano”.


“Esas críticas veñen ou doutras alternativas políticas e o entendo, para sacar partido político ou senón de perfiles falsos, que todos sabemos quenes son, e toda Santa Comba sabe e penso que non hai que centrarse moito niso”

Obras

“Levamos só un ano e medio, non se nos pode esixir o que non se fixo en 30 anos, está habendo avances non só en obras, pero hai que manter un pouco a calma”

“Seguimos un criterio. Nos núcleos de poboación onde pisa a xente, hai que aglomerar”

“Cando falo de prioridades, falo de actuar no que está máis deteriorado e de repartir entre as parroquias!”

Servizo de Axuda no Fogar

“É quizais o servizo máis necesario que teñen os concellos, e que non ten financiación suficiente para dar cobertura, ás necesidades da poboación e as peticións das traballadoras”

“Aprobamos o convenio colectivo, que se levaba moitísimos anos dando voltas e esquivando e tentaremos mellorar as condicións tanto de traballadores como de usuarios”.

Traballadores municipais

“De máis de 130 traballadores que ten o Concello de Santa Coma, podo dicir moi orgulloso que estou contento con 95% deles. Pero non podo negar que hai tres ou catro persoas que fastidian o traballo do resto. Estou pensando agora mesmo nun que xa o coñece todo o mundo e que xa sempre quixo opinar de todo. Xa sempre foron os salvadores do Concello de Santa Comba, pero a eses tres ou catro traballadores o que lle digo é monten unha lista política e en maio do 2027 competimos”.

Axudas das administracións

“Desde a Deputación da Coruña e tamén desde a Xunta de Galicia, estamos conseguindo unha serie de subvencións que ata agora nos disfrutabamos delas”.

“A Deputación está apostando poño rural,polos 93 concellos que conformamos a provincia, están aumentando de maneira obxectiva as asignacións económicas para o desarrollo de proxectos en infraestruturas e mobilidade”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos