12.1 C
Santa Comba
sábado, noviembre 30, 2024

Inauguración do miradoiro da Furna do Sapo

Un fantástico miradoiro sobre a ría de Camariñas, chamado a Furna do Sapo e sitúado na parroquia vimiancesa de Cereixo foi inaugurado este venres, nun acto que contou coa presenza do Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, que acompañaron á alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez.

Tamén asistiu o presidente do GALP Costa da Morte, Evaristo Lareo, a deputada autonómica, Paula Mouzo Mas e alcaldes de concellos como Dumbría, Muxía, Zas, ou Camariñas, xunto con membros da corporación local vimiancesa e veciños.

Na súa intervención, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, destacou que “hoxe inauguramos non só unha obra, senón unha nova experiencia para gozar da nosa contorna. Este miradoiro é un símbolo do noso compromiso coa promoción do noso territorio e coa posta en valor do noso patrimonio natural. Queremos que quen visite este lugar sinta que está a voar sobre a ría, admirando a súa beleza única”.

Pola súa banda, Alfonso Villares, destacou que a colaboración da Consellería do Mar, permitiu a construción desta dotación que contribúe a poñer en valor o patrimonio medioambiental da ría de Camariñas, atendendo a criterios de sustentabilidade e de valorización da cultura inmaterial pesqueira galega.

Xosé Manuel Merelles indicou que “O turismo estase a converter nun auténtico dinamizador económico do rural”, e subliñou o incremento no número de visitantes á Costa da Morte de xaneiro a outubro deste ano, un 6,3% máis, pero sobre todo, o turismo internacional que creceu o 19,5%.

Ademais do miradoiro, a actuación incluíu a construción dunha explanada de acceso con muro de contención de granito, pavimentación con xabre e unha zona de aparcadoiro, facilitando o acceso a este novo espazo recreativo e didáctico.

O proxecto, cun orzamento total de 85.278,10 euros, foi financiado grazas a unha axuda da Consellería do Mar a través do GALP Costa da Morte.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos