O PSOE aprobou coa oposición do PP a suba dos recibos do IBI e da recollida de lixo.
“Se queremos ter un concello que faga inversións temos que regularizar os impostos” manifestaba o alcalde Alberto Romar, mentras a portavoz popular María Pose recriminaba ao goberno local que “viñan a salvar Santa Comba e ven o derroche e o desgoberno” e “repercutir os problemas de financiación nos veciños pero vostedes non se baixaron os soldos”.
O alcalde aseguraba que agora “estamos facendo obras” e que “para non ter asesores e non gastar na prensa están os políticos”, xustificando que se trataba de “regularizacións mínimas”. O PP falaba que se implantaban “ideas socialistas” como as do goberno central na xestión do lixo.
A taxa de recollida do lixo urbano pasa de 65 a 75 euros e o rústico de 50 a 60 euros. E tamén haberá un imposto para a venta ambulante de 78 euros anuais. O IBI, dun 0,42 a un 0,50.
Modificacións de proxectos
O pleno deu luz verde as varias modificacións de proxectos, a da pavimentación entre O Couto e Alón de Abaixo, do vestiarios de Fontenla e a actuación prevista na contorna do Campo da Feira e da Praza do Mercado onde Romar lembrou que vanse a “demoler as pirámides”, e habilitar unha zona arborada, mobiliario urbano e unha grada. O PP abstívose.
Non houbo mocións e na quenda de rogos e preguntas o PP volveu a preguntar pola actuación na rúa Suárez Vence e felicitou á Xunta de Galicia polo impulso a concentración parcelaria de Freixeiro, un agradecemento ao que sumou o mandatario se ben lembrou que este proxecto levaban décadas pendente.
O pleno iniciouse cunha breve intervención da concelleira Estefanía Calvelo en relación co 25N.
ESTAS SON AS IMAXES DO PLENO COMPLETO