13.2 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 20, 2024

Pleno ordinario de novembro en Camariñas

A corporación local de Camariñas aprobou por unanimidade a adhesión á estratexia de promoción da saúde e prevención no Sistema Nacional de Saúde (SNS) e IV Plan de Igualdade de Oportunidades (PIOM) entre mulleres e homes 2024-2028.

Tamén se aprobou un expediente de modificación de créditos de 25.000 euros coa abstención de BNG e PP. E por unanimidade outro expediente que financiado coa participación de tributos de 2022 que posibilitará acometer investimentos por importe de 78.000 euros en Santa Mariña, Camariñas y Camelle.

Mocións aprobadas de PSOE e BNG

O pleno deu luz verde a unha moción do PSOE na que se demandaba á Xunta o saneamento en Xaviña e melloras na zona portuaria de Camariñas. Contou co apoio do BNG e a abstención do PP que recriminou a práctica repetida do grupo socialista de presentar mocións un día antes do pleno.

Aprobouse unha moción presentada polo BNG de apoio á lingua galega e de adhesión á Plataforma Queremos Galego, cos votos a favor de BNG PSOE e en contra do PP.

O concelleiro nacionalista Xurxo Rodríguez solicitou a gravación dos plenos e a creación dun regulamento de organización municipal. E interesouse polo arranxo da estrada de Camelle a Ponte do Porto ou pola presenza de gatos no municipio.

Rexeitan unha moción do PP sobre a Garda Civil

As dúas moción presentadas polo PP foron rexeitadas por PSOE e BNG. Os populares pedían o reforzo dos efectivos da Garda Civil como xa anunciaran durante a visita das deputadas Ana Vázquez e Marta González a Camariñas.

Tamén demandaban a eliminacións das últimas medidas impositivas do goberno de Pedro Sánchez en relación coa xestión do lixo. “Lamentamos que PSOE e BNG uniran os seus votos e rexeitaran unhas mocións que podería servir para mellorar a seguridade cidadá e aliviar a carga impositiva ós veciños de Camariñas” manifestaban os populares nunha nota de prensa.

Paula Mouzo Mas presentou varios rogos e preguntas. Pediu o arranxo da estrada que comunica Camelle e Arou e das vías interiores de Brañas Verdes. Tamén se interesou polas licitacións previstas e pola ampliación do cemiterio municipal. O concelleiro Juan Carlos Amado Sambade interesouse polas obras que se están executando na zona da Gándara, en Ponte do Porto.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,330SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos