Os bombeiros provinciais de Cee participaron no rescate dun traballador que caeu dun elevador no concello de Corcubión
Os bombeiros do parque Provincial de Cee foron alertados de que un operario que se atopaba traballando desprendeuse dun elevador caendo sobre un andamio, en Corcubión.
O operativo consistiu no rescate do traballador que tivo que ser trasladado ao Hospital de Cee.
Info e foto – Consorcio Provincial

