Os bombeiros do parque Provincial de Cee foron alertados este venres dun accidente de tráfico na AC – 552, no Concello de Vimianzo.
Segundo informan desde o Consorcio provincial “o accidente foi ocasionado por unha colisión por alcance no que resultou ferida unha leve persoa”.
O operativo realizou a excarceración do ferido, que foi evacuado polo 061 Urxencias Sanitarias de Galicia. Os bombeiros colaboraron coa Policía Local de Vimianzo na limpeza da vía.
FOTO- ADC Bombeiros Costa da Morte