18.8 C
Santa Comba
martes, noviembre 5, 2024

Venres Teatrais no concello da Laracha 2024

Aprogramación cultural municipal ten no mes de novembro unha das citas de referencia cos Venres Teatrais, o ciclo consolidado na Laracha por ofrecer desde hai máis de dúas décadas espectáculos de primeiro nivel do panorama audiovisual galego.


Como é habitual, os Venres Teatrais terán comedia, drama e tamén espazo para a concienciación social ao incluírse unha das obras no programa municipal de actividades en torno á conmemoración do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres que se celebra o 25 de novembro.

8 de novembro estrea con «Entrega en man»


O pano abrirase na Casa da Cultura da Laracha o venres 8 de novembro con Entrega en man, unha comedia tola e denegrida na que, cun humor mordaz e corrosivo, zumegan temas tan candentes coma o racismo, o machismo e a xenofobia. O elenco está formado por Evaristo Calvo, María Roja, Santi Romay e Diogo Sales, que escenifican esta adaptación de Contraproducións do texto orixinal de Martin McDonagh.

«As que limpan»- A Panadaría


O venres 15 ofrecerase As que limpan, de A Panadaría. É unha sátira utópica inspirada na loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Estará interpretada por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Malasombra con Testosterona


O día 22 será a quenda para Malasombra Producións coa peza Testosterona. Luis Iglesia e Camila Bossa dan vida a dous subdirectores dun importante medio de comunicación que aspiran a asumir a dirección do mesmo. Aínda que se trata dunha comedia, aborda e propón unha reflexión sobre a desigualdade laboral. Pola súa temática, a obra inclúese tamén na programación municipal en torno ao 25 de novembro.

Remate con Neura de De Ste Xeito


O ciclo concluirá o venres 29 con Neura, o último espectáculo de De Ste Xeito Producións, unha comedia neurótico-festiva que trata o tema da saúde mental protagonizada por Stephy Llaryora y Sergio Macías.


En todos os casos os espectáculos van dirixidos a maiores de 13 anos de idade, principiarán ás 21:00 horas na Casa da Cultura e a entrada será de balde.


O programa Venres Teatrais é organizado polo Concello da Laracha coa colaboración da Deputación da Coruña e o Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

Nota de prensa do concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos