9.2 C
Santa Comba
viernes, febrero 13, 2026

Paula Mouzo Mas: “Son orzamentos moi positivos e a xente vaino comprobar”

A deputada autonómica do Partido Popular, Paula Mouzo Mas, fixo unha valoración “moi positiva” dos orzamentos da Xunta para o ano 2025.

“Estou convencida de que estes orzamentos son moi positivos para a Costa da Morte e para Galicia. E que a xente irao comprobando a medida que se vaian executando”.

Referiuse a Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte:

“Neste orzamento de 2025 hai consignada unha partida de 8 millóns de euros. O PSOE e o BNG solo puxeron primeiras pedras e pancartas. E o PP xestionou a construción de 27 quilómetros de autovía e agora vai a continuar con esa Vía de Alta Capacidade, este ano e nos próximos. Hai partidas definidas. O PSOE fala moito pero non quixo que se habilitaran fondos Netx Generation para esta vía. As cousas como son”.

«COa autovía, o psoe e o bng só puxeron primeiras pedras e pancartas. AGORA HAI PARTIDAS DEFINIDAS»

Investimentos Xunta 2025

Sobre as actuacións previstas destacou que hai catro millóns de euros para abastecementos e saneamentos que beneficiarán a veciños de Cabana , Malpica ou Laxe, e importantes inversións para os parques industriais de Coristanco, Cabana, Santa Comba ou en Carballo.

Nunha entrevista en Radio Xallas tamén fixo mención a ampliación do Colexio Mar de Fora de Fisterra con máis de 630.000 ou a mellora da eficiencia enerxética dos xulgados de Corcubión e Carballo con máis de 780.000 euros.

E as actuacións previstas nos portos de Malpica, Caión, Muxía, Fisterra, Corme ou Camariñas. Na vila dos encaixes son dous proxectos que alcanzan os 183.000 euros.

Paula Mouzo Mas ofreceu un dato: “É un último dato. Na provincia da Coruña pasamos de 4.289 euros de inversión media por habitante a 4.449 euros”.

Tamén se referiu a partidas xenéricas relacionadas co reforzo dos servizos de valoración da dependencia, Bono Concilia, Plan Camiña Rural, o Plan de Vivenda, axudas ao marisqueo a agricultura ou as rebaixas fiscais previstas.

A importancia duns orzamentos

A deputada camariñá destacou dous aspectos: a estabilidade política e contar cos orzamentos.

Sobre a estabilidade reflexionou:

“Temos a fortuna de ter un gran presidente como Alfonso Rueda. Temos unha estabilidade en Galicia que non hai en España que entre caldos políticos e Koldos non dan feito”.

E tamén defendeu a importancia de aprobar unhas contas:

“É fundamental ter un orzamento. Como temos nas nosas casas, como a xente que nos escoita ten nos seus negocios. Eu veño dun concello, o de Camariñas, que leva dous anos sen presupostos. Pagamos máis impostos que calquera concello da comarca pero non temos unha planificación económica. E iso é un descontrol. Non hai xestión”.

Aquí podes escoitar a entrevista a partir do minuto 61

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos