16.3 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Iria Carreira: ”Estes orzamentos son unha farsa”

A deputada autonómica do BNG, Iria Carreira, pensa que os orzamentos da Xunta para 2025 “son unha farsa, uns orzamentos que son ineficaces porque non risolven os problemas que ten este país”.

Cualifica os presupostos de “profundamente insolidarios porque volven a sustentarse nunha prebenda para beneficiar ás persoas con maior poder adquisitivo, en vez de atender as necesidades reais da poboación que ten maiores dificultades para chegar a fin de mes”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, a parlamentaria nacionalista declarou que as contas son “ un cúmulo de capas de maquillaxe a través de moita propaganda para esconder todo o que non se fai e todo o que non se leva facendo durante estes 15 anos”.

E puxo como exemplo a autovía da Costa da Morte “que é unha autovía mil veces prometida, mil veces incumprida. Vemos que nestes orzamentos si que se aumenta un pouco a partida para esa autovía da Costa da Morte.

O ano pasado facías un prognóstico de que no 2025 habería que investir 10 millóns de euros.No ano 2022 facíase o prognóstico de que no 2025, outra vez o mesmo ano, habería que investir 15. E agora van 8 millóns de euros”.

«A propaganda nin constrúe autovías nin amaña colexios»

“A propaganda , tristemente, nin constrúe autovías, nin amaña colexios, nin pon médicas no centro de saúde. Podemos ver, pois eso, na autovía da Costa da Morte, ou na estrada que ven de Portomouro ata Santa Comba, que tamén é unha vella demanda e reiterada”.

Na súa valoración referiuse ao “desmantelamento dos servizos públicos” e a que “non hai ningún proxecto de país que vertebre esa rede de atención e dependencia. Estes son uns orzamentos, que non se preocupan polos problemas reais que ten a xente, do Xallas ou da Costa da Morte”.

SAF Santa Comba

Na súa intervención, Iria Carreira tamén criticou a falta de partidas concretas para o CEIP Barrié de la Maza ou para o Centro de Saúde xalleiro e reiterou o seu apoio ás traballadoras do SAF do concello de Santa Comba.

Demandou maior implicación económica do Goberno central e da Xunta de Galicia pero tamén recriminou a xestión do executivo local socialista:

O responsable local nacionalista, Juan David Sixto, considera que as traballadoras do SAF “están discriminadas no Concello de Santa Comba. Hai un convenio aprobado que non se está cumprindo”.

E lanzou críticas tanto o goberno socialista como á oposición popular de Santa Comba: “Nin o goberno mira, nin a oposición”.

Sixto indica que o problema vén de anos atrás pero que hai que arranxar: “A solución é fácil, pero ten que poñerlle ganas e querer facelo.O que non pode ser, é que se traten como empregados de primeira e empregados de segunda. Son todos empregados do Concello de Santa Comba”.

“Non podemos permitir unha vulneración de dereito sistemática e reiterada contra estas traballadoras” manifestou a deputada do BNG.

Podes escoitar a entrevista desde o minuto 60

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos