Accidente de tráfico na avenida de Brasil, no concello de Santa Comba
Os bombeiros do parque Provincial de Santa Comba foron alertados pasadas as 19:30 horas da tarde de onte, domingo 27 de outubro, dunha colisión entre dous turismos na avenida de Brasil, no concello de Santa Comba.
Na incidencia, dous vehículos colisionaron na AC-400 en dirección á Pereira. O operativo consistiu na asistencia ás vítimas, a sinalización da incidencia e a desconexións das baterías. Non foi preciso liberar aos ocupantes dos vehículos.
Completaron o operativo Protección Civil de Santa Comba e a Garda Civil de Tráfico de Corcubión.
FOTO E NOTA- CONSORCIO PROVINCIAL