9.7 C
Santa Comba
miércoles, enero 7, 2026

Santa Comba aproba un Plan de Axuste

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, defendeu o Plan de Axuste, xa que a pesar de ser de adhesión obrigatoria, contribuirá a “facer un concello fiscalmente viable”.

O obxectivo é reducir o período medio de pago a provedores que en Santa Comba está nos 234 días. Seguindo os plans do Ministerio de Hacienda. O alcalde referiuse a existencia de 2.5 millóns de euros de facturas pendentes de pago.“Se non nos obrigara o Ministerio a meternos metíame eu” zanxou Romar.

O concello adoptará diferentes medidas que suporán a regularización e a suba de taxas e servizos como o IBI urbano, recollida de lixo, as actividades deportivas, servizo de ximnasio, a redución da partida de gastos de persoal ou a eliminación de indemnizacións a funcionarios dentro do horario de traballo por asistencia a órganos colexiados.

Romar:»Este plan marcará o porvir de santa comba»

“Imos ter máis fondos para camiños, servizos e eventos pero non máis fondos para contratar asesores nin para saír na prensa e branquear a imaxe” declarou o mandatario que está convencido de que estas medidas “marcarán o porvir” do concello de Santa Comba e que servirán tamén para mellorar os servizos e incrementar os investimentos.

O Plan de Axuste aprobouse cos votos a favor do PSOE e en contra do PP. Tamén se aprobou un préstamo co Estado por importe de máis de 900.000 euros, sen xuros e cun prazo de devolución de 15 anos, que se destinará ao pago de facturas pendentes ata o 31 de marzo de 2024. Neste punto o PP abstívose.

Pose:»ímos a cobrarlle ós nosos veciños por todo»

O PP denuncia un plan de rescate para subir impostos

A portavoz do Partido Popular, María Pose, sinalou que era “un plan de rescate” baseado “en subir os impostos e conseguir máis fondos pero non se preocuparon de facer un axuste nas súas dedicacións, seguen cobrando o mesmo”.

“Non tivo a capacidade de xestión suficiente para regularizar a situación do concello. Vostede aumentou a débeda a provedores pagando os favores electorais” declarou Pose.

Os populares afirman que unha medida obrigada desde o goberno central “non é un éxito” máis ben “o resultado dunha mala xestión”.

Alberto Romar recriminou a ausencia de “propostas” desde o PP, e con respecto aos salarios do goberno comentou que “agora estase facendo un traballo que antes non se facía”.

VÍDEO DO PLENO EN SANTA COMBA TV

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos