“As cousas están moito peor do que esperábamos, sabíamos que as cousas estaban mal, pero non pensamos que tanto. A situación económica é moi mala”.
Este é o balance que fai a tenente de alcalde e portavoz do Partido Popular de Muxía que constata unha “deixadez absoluta en todos os sentidos, xa non só na cuestión económica, senón tamén na atención ao público, na atención da xente, das cousas do día a día”.
Sandra Vilela recoñece que a mala xestión do goberno de Iago Toba “xa se vía na forma de xestionar os recursos públicos, tirando de remanente para cuestións de orde diaria, de non facer ningún tipo de licitación, ningún tipo de control nos orzamentos”.
«o cONCELLO DE MUXÍA ESTÁ MOI CERCA DE QUEBRA»
900.000 euros en facturas sen pagar
“Temos a día de hoxe en torno a 900 mil euros de facturas sen pagar. Eu creo que este é o peor momento da historia de Muxía a nivel económico. Eu diría o Consello do Museo está moi cerca da quebra e esta é a situación que nos deixaron”.
Vilela está convencida de que o novo goberno cambiará este rumbo negativo: “Estamos traballando todos os días para buscarlle solución a todo isto. E imos a dar a talla para que os muxiáns estean orgullosos deste novo goberno”.
«O PERSOAL MUNICIPAL ESTÁ COLABORANDO DUNHA FORMA ESPECTACULAR»
Destacou o bo ambiente co persoal municipal “que está colaborando dunha forma espectacular”.
Pero recriminou a actitude do ex-alcalde Iago Toba que tardou en entregar as chaves do concello e “tres semanas despois de que empezamos a gobernar, o ex-alcalde aínda non devolveu nin os móbiles do nin os ordenadores do concello”.

