Os bombeiros do parque Provincial de Carballo foron alertados ao redor das 09:00 horas desta mañá dun incendio que afectou a unha nave na rúa Volframio, en Bértoa, no concello de Carballo.
O lume orixinouse nunha nave con material hixiénico e agrícola e á chegada dos bombeiros o calor desprendido estaba a deformar un portal lateral e unha tubaxe de auga, o cal permitiu extinguir as chamas.
O operativo consistiu na comprobación de que non houbese máis focos de lume e na ventilación do espazo. Nel participaron tamén a Policía Local de Carballo, a Policía Nacional e Protección Civil de Carballo.
Foto e nota- Consorcio Provincial