O PSOE afirma que os orzamentos da Xunta son “decepcionantes” e esquecen á Costa da Morte:
“A comarca da Costa da Morte é un ano máis a gran esquecida por parte da Xunta, que ademais afoga aos concellos con competencias impropias” declarou a deputada Patricia Iglesias.
A parlamentaria lamenta que “as contas autonómicas tampouco recollen melloras no Hospital de Cee nin partidas para rematar a autovía AG-55, que segue igual desde a época de Touriño, ou eliminar as súas peaxes”.
“Ningunha das demandas do PSOE da Costa da Morte teñen cabida nas contas da Xunta para mellorar as infraestruturas e servizos da comarca” afirmou Iglesias.